JOSÉ LUIS IGLESIAS DIZ
ESCOLMA. Pintura
sobre papel. (2012-13)
O papel é o soporte mais dócil e doado para o traballo do artista, de feito o papel é o primeiro medio onde o neno cun simple lápiz de cor esgarabella e fai as suas primeiras incursións no mundo da representación. Despois o adoctrinamente fai esvahecer esa enerxía creadora e o neno perde a iniciativa e a ilusión por emborronar e pintar.
O papel é un soporte que “soporta” case todo; auga, acuarela, acrílico, oleo, tintas, lápices, pastel… pódese recortar, rachar, enrugar… en fin é coma un banco de experiencias do artista. Moitos dos cadros nacen na humildade do papel pero este ten por si mismo a beleza do iniciático, do experimento, da “cociña” ainda que logo saia poucas veces as salas de exposición.
Nos últimos anos experimentei con distintas iniciativas que poden quedar reflexadas na escolma: Puntos febles, A escrita na paisaxe, 2001, Aceites rostridos, Terra en movemento etc.
Esta escolma é un tributo dos últimos anos a eses papeis que son o xerme da creación e a creación misma. Bicos.
Papel de estraza, acrílico, tinta, aceite, esmalte, arena, hojas. 50x30cm aprox.